ATENCIÓN ALUMNADO DE SAR! -A profesora Rosa Giao atópase de baixa. Manteñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica para saber cando se incorpora o/a profesor/a substituto/a.
-A profesora María Romero Crugeiras non impartirá as súas clases do venres 21/11
Atención alumnado de That's English! Non haberá titoría de Intermedio 2 o venres 21/11
ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS! A profesora Raquel Torrejón non impartirá as súas clases dos días 17, 18 e 19 de novembro.
O profesor Roberto Magdaleno non impartirá a súa clase de mañá xoves, 20 de nov. ás 10,30 (Nivel Intermedio)
ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS! As clases do profesor Joseph Ghanime reanudaranse mañá, día 19 de novembro, coa incorporación do/a profesor/a substituto/a.
BOAS NOVAS: ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS As clases comezaron o xoves, 13 de novembro.
Las clases comenzaron el jueves, 13 de noviembre.
SUSPENSIÓN DO HORARIO DE SECRETARÍA POLAS TARDES Por ausencia de persoal administrativo, suspéndese o servizo de atención ao público na secretaría polas tardes. Desculpen as molestias.
ACTIVIDADES
CONVERSA CON XURXO SOUTO -
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organiza este acto baixo o lema "Música galega, todo o mundo na fin do mundo. A relación da música popular galega con outras culturas musicais". Será o vindeiro mércores 19 de novembro ás 19:30 h. no salón de actos.
DESCUBRIR PARIS NUNHA FIN DE SEMANA -Reunión informativa para aquelas persoas interesadas en participar na viaxe a Paris que organiza o departamento de francés: mércores 19 de novembro ás 12 ou ás 18:30. Aula 10.