Estas seccións forman parte do programa 'Inglés para a xuventude' e, por tanto, darase preferencia a persoas de entre 18 e 30 anos.
O alumnado que se matricule nas seccións será alumnado oficial da EOI de Santiago, a todos os efectos. Os requisitos de acceso,
validacións, etc. serán exactamente os mesmos.
O alumnado que cumpra os requisitos preferentes do programa Inglés para a xuventude poderá preinscribirse nestas seccións da EOI.
Tamén se pode preinscribir o antigo alumnado da EOI que pertencese ao extinto Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras.