Trátase de promover a participación do profesorado en programas europeos, facilitándolle toda a información que chega ao centro relativa a este tema.
Ata o momento, realizáronse os seguintes proxectos europeos:
1. Sócrates. Lingua I “Language festivals” Coordinadora: Dolores Gómez (Departamento de inglés)
O proxecto une a comida e a cultura co idioma, tentando motivar o alumnado mediante a “degustación”. O obxectivo é a organización de festivais lúdicos nos que se fomente a aprendizaxe de linguas mediante un contacto directo do alumnado con aspectos “palpables” delas: gastronomía, música, audiovisual, baile, etc. Celebráronse festivais de linguas na Bretaña (Francia), en Senigallia (Italia), Jablonec nad Nisou (R. Checa), Santiago de Compostela, Viena e Lancaster. En todos os festivais celebrados no estranxeiro participaron un/ unha alumno /-a e un/ unha profesor /-a como representantes da EOI de Santiago. LINK PÁXINA WEB DO PROGRAMA LANGUAGE FESTIVALS
2. Sócrates Grundvig 2: "LinxXchange" Coordinadora: Emma Colquhoun (Departamento de Inglés)
Este programa europeo tiña como obxectivo fomentar o uso das linguas aprendidas, contactando por Internet con alumnos dos centros participantes: CVO Temse (Flandes, Bélxica), Savo Vocational College (Kuopio, Finlandia) e Ballsbridge College (Dublín, Irlanda). A páxina web multilingüe en francés, inglés e español permitiu o intercambio de experiencias durante dous anos académicos.
Dentro deste programa, realizáronse diversas visitas organizativas a Temse e a Kuopio, ademais dunha viaxe de alumas participantes a Temse. LINK PÁXINA WEB DO PROGRAMA LINXXCHANGE