CONCURSO DE DESEÑO DE CHAPAS Poderán participar no concurso tanto estudantes da EOI como profesorado e persoal non docente. O tema xirará ao redor da lingua galega e a chapa levará texto e/ou debuxo. PREMIOS:
Os traballos elixidos terán dúas mencións:
-A primeira estará dotada cun bono de ACOTES de 100 €.
-A segunda estará dotada cun bono de ACOTES de 50 €.
Os resultados serán publicados na páxina web da EOI e no taboleiro do ENDL. PRESENTACIÓN:
-Os traballos entregaranse a través do mail do ENDL, con número de teléfono e pseudónimo que o identificará coa obra. Para preservar o anonimato, o enderezo electrónico desde onde se envíe non poderá corresponderse co nome do/-a autor/-a.
-Os traballos serán de técnica libre. As/os concursantes entregarán o documento, inédito e orixinal, en formato jpeg ou pdf.
-A medida das chapas será de 35 mm de diámetro. PRAZO: Rematará o 4 de decembro (incluído). DEREITOS: O ENDL terá o dereito de producir e distribuir as chapas que se realicen a partir do ou dos deseños gañadores. Tamén poderá expor todos os traballos entregados. XURADO: Estará composto por membros do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
TAL: Tándem de activación lingüística É unha iniciativa aberta dirixida a dúas categorías de persoas voluntarios ou activos. As persoas voluntarias deben ter un bo nivel de galego e, a través deste programa, compartirán os seus coñecementos da lingua e da cultura galega con outras persoas que o precisan (as activas).
Pola contra, as activas son aquelas persoas que desexan coñecer máis sobre Galiza e sobre a súa lingua e cultura. En moitos casos, poden ser persoas que veñen de fóra para instalarse temporal ou permanentemente no noso país (estudantes, traballadores, etc), pero tamén pode ser calquera galego ou galega que queira afondar no coñecemento da nosa realidade.
O programa TAL presentarase o día 30 de novembro ás 18.00 h na sala de lectura. As persoas interesadas poderán inscribirse a través do correo electrónico do ENDL
Consulta o programa completo nesta ligazón
Cubre ficha individual para participar no programa e envíaa por correo electrónico ao ENDL.