equipo     |     Novas/Convocatorias     |     obxectivos     |     actividades     |     glosario     |     relatos     |     ligazóns

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
español
francés
galego
inglés
italiano
portugués

Seccións
negreira
noia
ordes
ribeira
sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: ACTIVIDADES


Resumo de actividades realizadas polo ENDL:

1. Adquisición de material bibliográfico
Desde a súa creación, o ENL dedica cada ano parte dos seus fondos á adquisición de material bibliográfico relacionado coa lingua e a cultura galegas. Así mesmo, o ENL está subscrito á revista mensual Tempos novos, que xunto co semanario A nosa terra, está á disposición de todos os membros da EOI na sala de prensa, onde o galego ten presenza entre as outras linguas que se ensinan no centro.
Durante o ano 2007-2008, a adquisición de material bibliográfico continuará a ser un obxectivo prioritario para o ENL. Como cada ano, os seus membros fan propostas de material bibliográfico que consideran necesario ou importante. Estas propostas están encamiñadas principalmente a mellorar a dotación da biblioteca do centro, que está informatizada e permite a consulta na sala e o préstamo a domicilio dos fondos. Deste xeito, o material adquirido servirá para a formación dos propios membros do ENL e estarán á disposición de toda a comunidade escolar da EOI.

2. Adquisición de material fonográfico e videográfico.
Así mesmo, o ENL conta cun fondo de material fonográfico e videográfico, que se poderá utilizar en proxeccións mensuais de filmes en galego, en colaboración co Departamento de Galego, e dentro da programación de proxeccións organizadas polos outros departamentos didácticos da EOI. Para continuar desenvolvendo esta actividade, que responde á demanda do alumnado, é preciso ampliar os fondos existentes.

3. Adquisición de material didáctico.
Durante os cursos anteriores, o ENL distribuíu láminas multilingües por todas as aulas da EOI. Estas láminas conteñen ilustracións de distintas áreas léxicas de uso habitual (profesións, froitas, etc.), nas que as palabras correspondentes aparecen en galego e nas distintas linguas que se ensinan no centro.

4. Actividade: "24 horas en galego"
Coa fin de promocionar o uso normalizado do galego entre aquelas persoas que o coñecen pero non o usan como lingua principal de comunicación por condicionamentos de diversos tipos (prexuízos, estereotipos, etc.) e despois do éxito da actividade no curso 2006-2007, o ENL convoca neste ano tamén as "24 horas en galego". Esta campaña, acompañada por abundante publicidade na escola, consiste en animar ao alumnado, profesorado e persoal do centro a probar a usaren o galego como única lingua durante un día completo para logo reflexionar sobre a experiencia. Como motivación, convócase simultaneamente un concurso para aqueles que participen na experiencia e relaten por escrito os seus resultados persoais.
DESCARGA AS BASES E ANÍMATE A PARTICIPAR!!! Podes recoller a túa carpeta na conserxaría.

5. Concursos "Galiza cambia".
Estas actividades teñen como obxectivo que o labor do equipo teña unha presenza atractiva na EOI. No curso 2006-2007 organizouse un concurso de fotografía e un de relato ou de traducción.
No concurso de fotografía tratábase de obter imaxes que representasen a visión dos alumnos sobre a realidade actual da sociedade galega. As fotografías participantes foron expostas no centro. Pódese compartir esta exposición con outros centros interesados que así o soliciten. Ademáis coa fotografía gañadora realizouse o calendario do ano 2007 que foi distribuido entre os alumnos e persoal do centro, e agasallado a outros organismos.
Consulta as bases completas do concurso "Galiza cambia"

6. Concurso de poesía, relato curto ou tradución.
Co obxectivo de fomentar o uso do galego como vehículo de expresión creativa, o ENL vén organizando concursos de poesía, relato curto ou tradución en lingua galega. O premio ou premios entréganse durante a semana da celebración do Día das Letras Galegas.

7. Ciclo de cine e literatura.
O ENL propón a organización dun pequeno ciclo de cine no que se proxectarían filmes realizados en Galicia e baseados en obras literarias, como A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro, Trece badaladas ou Romasanta. Esta actividade podería complementarse así mesmo con conferencias ou mesas redondas sobre os filmes, coa participación de críticos de cine ou mesmo dos autores dalgunhas das obras literarias.
Ademais, o ENL está disposto a colaborar en proxeccións semanais ou mensuais de filmes dobrados ou subtitulados en galego, como parte das proxeccións que organizan os departamentos didácticos. Para poder facelo, é necesario ampliar os fondos filmográficos existentes, ben mediante a adquisición de novos filmes, ben mediante a colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), que ofrece un servizo de empréstito de material filmográfico e fonográfico.

8. Celebración de festas tradicionais.
O ENL colaborará co Departamento de Galego e cos outros departamentos didácticos da EOI na celebración de festas tradicionais. Deste xeito, a lingua, a cultura e as tradicións propias de Galicia serán difundidas de forma lúdica e participativa, ao mesmo tempo que se contrastan coas pertencentes a culturas distintas. Está prevista, por exemplo, a celebración dun magosto no mes de novembro, así como a participación no concurso gastronómico e no concurso de tarxetas de Nadal que posiblemente organice a EOI en decembro. Tamén se prevén actividades para a celebración do Entroido.

9. Celebración do Día das Letras Galegas.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o ENL organizará a exposición do material habitualmente enviado pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, proporá a organización de conferencias ou mesas redondas sobre a obra do autor ou autora que recibe a homenaxe este ano, ou sobre outros temas relacionados coa literatura galega.

10. Colaboración con organismos que traballan pola normalización do galego
A EOI Santiago é socia da Mesa pola Normalización Lingüística. Ademais, o ENDL está en contacto con outros centros e organizacións relacionados coa normalización lingüística, como o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, o Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela ou o ENDL da EOI de Pontevedra. O obxectivo destes contactos é poder compartir material e participar conxuntamente nas campañas a favor da normalización.

11. Conferencias, charlas, mesas redondas.
Procurarase contactar con autores representativos da cultura galega para que veñan a falar á escola sobre as súas obras. Tamén se intentará buscar conferenciantes que poidan mostrar as conexión do galego coas outras linguas esudiadas na EOI.

12. Ampliación e actualización da páxina web
O ENDL conta co seu propio espazo virtual na páxina web da EOI. Proponse ir aumentando progresivamente os contidos deste espazo virtual, de xeito que se converta nun medio de difusión das actividades do ENDL e nun centro de recursos para a normalización, coa incorporación progresiva de máis enlaces de interese.
Na actualidade, neste espazo xa se poden consultar os nomes dos membros do ENL, os seus obxectivos, as actividades programadas, a análise da enquisa sociolingüística realizada no centro, o glosario multilingüe elaborado polo ENL durante o curso 2004-2005, os relatos gañadores do concurso anterior, etc.

13. Representacións teatrais.
Todos os cursos se organizan con grande éxito representacións teatrais para o alumnado, profesorado e persoal non docente. Por carecer de salón de actos axeitado, estas pezas son normalmente representadas noutros lugares, como a Sala Yago e o IES San Clemente. O prezo a pagar é sempre simbólico.


 


Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
That's English!
proba de clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta