regulamento     |     calendario     |     cambio de horario     |     anulación     |     baixa de oficio

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
histórico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
español
francés
galego
inglés
italiano
portugués

Seccións
negreira
noia
ordes
ribeira
sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

MATRÍCULA OFICIAL PARA O CURSO 2010/2011: REGULAMENTO
PROCEDEMENTO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA (CURSO 2010-2011)     circular 6/2006     instrucións pagamento por internet

A Circular 3/2010, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, regula o procedemento de admisión e matrícula do alumnado nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2010/2011.

INSTRUCIÓNS

Como novidade neste ano, a matrícula nas EOI de Galicia será a través de internet, confirmándose posteriormente na secretaría do centro mediante a entrega da documentación pertinente.

ALUMNADO OFICIAL MATRICULADO NO CURSO 2009-2010

O alumnado oficial non terá que facer preinscrición ningunha, ainda que se presentase ás probas libres de certificación superiores ao curso oficial no que estaba matriculado e as superase.

  1. Seguiranse as instrucións reflectidas no Anexo IV da circular 3/2010
     
  2. A matrícula é directa e farase online a través do CentrosNet correspondente (central ou seccións) ou desta ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta . O usuario é o número de expediente e o contrasinal o DNI sen letra.
     
  3. Ao entrar, unha pantalla informarao do curso no que lle corresponde matricularse: pode elixir un grupo dos que lle ofrecen. Esta oferta de grupos poderá verse na pantalla á que accede o alumno.
     
  4. Confirmar a matícula. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. Ao confirmar a matrícula, o sistema xerará un resgardo onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude.
     
  5. Terá accesible información das taxas correspondentes para poida efectuar o pagamento.
     
  6. Ata este momento, a praza queda reservada, pendente de confirmación por parte do centro.
     
  7. Unha vez realizado o pagamento, o alumnado deberá presentar na secretaría do centro o resgardo da confirmación de matrícula (por duplicado), o resgardo de ter pagado as taxas e toda a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe. Nese momento procederase tamén á actualización do carné da EOI.
     
  8. O importe das taxas, así como o procedemento para o seu pagamento, pódese consultar no pdf descargable desde a parte superior desta páxina.O pagamento deberá efectuarse nos prazos establecidos. Calquera pagamento fóra de prazo implica automaticamente a anulación da praza reservada. O alumnado tamén está obrigado a presentar a documentación na secretaría no prazo indicado. Doutro xeito, a praza reservada quedaría tamén anulada.
     
  9. Finalizado o prazo de confirmación, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán automaticamente anuladas e liberadas para o seguinte proceso de matriculación: o alumnado perde todo o dereito sobre a reserva da súa praza.

    ALUMNADO NOVO

    Ademais do alumnado que pretende cursar estudos no primeiro curso de nivel básico por primeira vez nun idioma, terá a consideración de alumnado novo:

    -o procedente das probas de clasificación

    - o alumnado con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver táboa de accesos directos)

    - o que se incorpora ao réxime presencial despois de superar as probas libres.

    - o procedente de traslado de matrícula doutras EOI.

    - o antigo alumnado da EOI de Santiago que non estivo matriculado no curso 2009-2010.

    - o alumnado da EOI de Santiago que estivo matriculado no curso 2009-2010, pero renunciou á matrícula.

    Todo este alumnado está obrigado a facer a PREINSCRICIÓN a través desta ligazón de Internet: https://www.eoidigital.com/preinsxunta .

    Para a preinscrición seguiranse as instrucións do Anexo III da circular 3/2010

    1. A persoa que queira solicitar unha praza nas EOI deberá darse de alta no sistema, indicando a súa data de nacemento e o seu número de DNI ou NIE.
       
    2. Unha vez que acceda coa data de nacemento e o DNI/NIE, terá acceso a unha primeira pantalla de captura de datos persoais. Haberá unha serie de campos que se deberán cubrir obrigatoriamente para poder seguir co procedemento.
       
    3. Igualmente, terá que introducir un contrasinal que lle permitirá con posterioridade acceder ao proceso de preinscrición en liña. Para os casos de perda do contrasinal, pediranlle tamén unha pregunta/resposta secreta.
       
    4. Os datos introducidos poderán ser modificados con posterioridade volvendo a entrar no sistema co seu contrasinal.
       
    5. Unha vez cubertos os datos requiridos, accede á pantalla de solicitude de praza.
       
    6. En primeiro lugar hai dous menús despregables nos que hai que indicar o idioma solicitado e o curso. A oferta é conxunta entre todas as EOI de Galicia, por iso, aparecerá a oferta de TODAS as EOI.
       
    7. Primeiro, hai que escoller o idioma; despois, o curso; logo, o centro que desexa (a EOI ou a sección concreta); e, finalmente, o grupo horario. Nunha mesma solicitude pode escoller varios centros e varios grupos horarios. Para cada idioma haberá unha única preinscrición con CATRO preferencias priorizadas de grupos. Só se poderá solicitar praza nun máximo de DOUS idiomas.
       
    8. A solicitude é única por idioma; é dicir, unha persoa non poderá realizar máis dunha preinscrición para o mesmo idioma.
       
    9. O sistema poderá emitir resgardos como garantía da solicitude de praza.
       
    10. É posible consultar a preinscrición feita, suprimila, modificar datos ou engadir outra nova mentres o prazo de preinscrición siga aberto. Ademais disto, unha vez realizada a adxudicación de prazas, na consulta poderase ver se a solicitude está admitida ou non. O acceso por segunda e posteriores veces farase coa data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.
       
    11. Para consultar o proceso de adxudicación de prazas, descarga en pdf o Anexo III da circular 3/2010

      CONFIRMACIÓN DA MATRÍCULA DESPOIS DE ASIGNADA UNHA PRAZA NA PREINSCRICIÓN:

      1. A confirmación da matrícula no grupo asignado realizarase a través da web: https://www.informaticacentros.com/xunta.
         
      2. Os novos alumnos, dado que carecen de número de expediente, deberán substituír o número de expediente pola data de nacemento e introducir o DNI como contrasinal. Nas páxinas da preinscrición haberá unha ligazón directa á zona de matriculación.
         
      3. Ao entrar, unha pantalla indicaralle o grupo que lle corresponde. O procedemento a seguir a partir de aquí é o mesmo que para alumnos oficiais matriculados no curso 2009-2010 (pasos 5 a 9)
         
      4. Ademais do resgardo da matrícula (por duplicado), do resgardo do pagamento e da xustificación de redución ou exención das taxas (se procede), o alumnado novo deberá entregar unha copia do DNI ou NIE e dúas fotos na secretaría do centro dentro dos prazos establecidos.
         
      5. O novo alumnado recibirá un carné da EOI co seu número de expediente.
         

      IMPORTANTE:

      ALUMNADO MENOR DE 16 ANOS

      Ademais de toda a documentación especificada no punto 4, deberán presentar:
    12. -fotocopia compulsada da documentación que acredite a primeira lingua estranxeira cursada no réxime ordinario no presente curso escolar.

      ALUMNADO PROCEDENTE DOUTRAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

      Ademais de toda a documentación especificada no punto 4, deberán presentar:

      -Certificado de estudos expedido pola EOI onde estivo ou estea matriculado.


      ALUMNADO PROCEDENTE DE THAT'S ENGLISH

      O alumnado de That's English matriculado no curso 2009-2010 ten a categoría de alumnado oficial. Para se poder matricular nun curso presencial, terá que dirixirse á secretaría da EOI na que desexe matricularse, co obxecto de que sexa dado de alta en CentrosNet e poder formalizar a matrícula online.

      ALUMNADO CON DEREITO Á REDUCIÓN OU EXENCIÓN DAS TAXAS

      -Presentar, cando proceda, orixinal e copia do Título de familia numerosa.

      -Presentar, cando proceda, certificado de exención de taxas para os funcionarios da Consellaría de Educación expedido pola Xefatura Territorial (non é válido o certificado expedido polo centro no que está destinado).

      PAGAMENTO DAS TAXAS POR INTERNET

      O alumnado que desexe efectuar o pagamento de taxas a través de Internet, poderá facelo a través de calquera das seguintes ligazóns:

      www.economiaefacenda.org
       

      www.xuntaeco.org
       

      https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/OV/ga/OV_Tributaria.htm
       

      As instrucións para o pagamento por internet pódense ver no cadro de taxas descargable desde a parte de arriba desta páxina.

      ENTREGARASE NA SECRETARÍA TODA A DOCUMENTACIÓN MENCIONADA DENTRO DO SOBRE DE MATRÍCULA NAS DATAS ESTABLECIDAS.
       



Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
a distancia
proba de clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta