CAMBIO DE HORARIO OU GRUPO ENTRE A EOI DE SANTIAGO E A SECCIÓN IES DO SAR PARA O CURSO 2009-2010
PRAZO de presentación das solicitudes para o alumnado da EOI de Santiago e da Sección de Sar: do 9 ao 13 de novembro
LUGAR de recollida e presentación das solicitudes: Conserxarías da EOI e da Sección de Sar.
A partir do día 9 de novembro e até o día 13 de novembro 2009, ambos incluídos, os cambios de grupo xestionaranse a través das Xefaturas de Estudos, de acordo ás seguintes normas:
Os alumnos poderán solicitar o cambio de grupo cando por razóns de forza maior, xurdidas con posterioridade á data na que realizou a súa matrícula no Centro,
o alumno non poida asistir á clase no seu horario asignado.
Consideraranse razóns de forza maior:
a. motivos laborais
b. de saúde
c. académicos regulados
d. outros, debidamente xustificados, que impidan ao alumno asistir a clase con regularidade no horario que lle corresponde.
Non se poderán solicitar cambios de grupo dentro da mesma banda horaria.
O interesado deberá cubrir o impreso correspondente que recollerá na conserxaría do centro no que está matriculado ou imprimirá de Internet (www.eoisantiago.org). Unha vez cuberto e achegando a documentación e/ou xustificantes que considere oportunos,
entregarao ao persoal da conserxaría, quen llo remitirá ás Xefaturas de Estudos. Non se admitirán solicitudes por correo electrónico, fax ou correo postal.
As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de presentación. A resolución dos cambios será publicada na cristaleira da entrada e na páxina web da EOI. Non se comunicará a resolución dos cambios de grupo persoalmente ao alumnado.
É responsabilidade exclusiva do alumnado comprobar nas listaxes publicadas ou na súa sesión de Centros-Net se a súa solicitude de cambio se resolveu favorablemente ou non.
O alumnado deberá incorporarse ao seu grupo novo inmediatamente despois de autorizarse o cambio. De non ser así, entenderase que pasan a formar parte da listaxe de alumnos suxeitos á baixa de oficio.
UNHA VEZ CONCEDIDO UN CAMBIO DE GRUPO, O ALUMNADO NON PODERÁ PERMANECER NO SEU GRUPO ORIXINAL.
Enténdese que un cambio de grupo só se poderá conceder se ademais das razóns de forza maior anteriormente citadas, existen prazas vacantes no horario ou grupo solicitado. Esta norma é de aplicación para todas as solicitudes de cambio, tanto entre as seccións e a sede, como dentro de cada centro.