regulamento     |     calendario     |     cambio de horario     |     anulación     |     baixa de oficio

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
histórico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
español
francés
galego
inglés
italiano
portugués

Seccións
negreira
noia
ordes
ribeira
sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

ANULACIÓN DA MATRÍCULA: RENUNCIA


Renuncia á matricula
Antes de remata-lo mes de abril, o alumnado poderá renunciar á matrícula cando concorran as seguintes circunstancias:
a) Enfermidade prolongada física ou psíquica que lle impida continua-los seus estudios.
b) Incorporación laboral.
c) Calquera outra circunstancia sobrevida no transcurso do curso escolar que, a xuízo da Dirección, lle impida continua-los seus estudios.

Estas circunstancias xustificaranse documentalmente e, se non fose posible a xustificación, irán acompañadas dun informe motivado da Dirección que se incorporará ao expediente do alumno.


Traslado de expediente
O traslado de expediente por matrícula viva só será aceptado cando exista xustificación suficiente, que acredite o traslado de residencia familiar ou outras causas debidamente xustificadas e co informe favorable da Inspección Educativa.

Poderá facerse traslado de expedientes durante todo o curso.

Se unha vez iniciadas as actividades lectivas se observase a non incorporación ou a falta de asistencia continuada de determinados alumnos, a Dirección dirixirase a eles para que expoñan por escrito, nun prazo de vintecatro horas, as razóns do seu absentismo. Cando a xuízo da dirección non exista causa xustificada da ausencia, esta recordaralles a súa obriga de incorporarse inmediatamente ás actividades académicas do curso, coa advertencia expresa de que, no caso de non producirse esta no prazo de dous días lectivos contados a partir da data do recibo desa notificación, procederase a realizar unha baixa de oficio. A súa praza será adxudicada seguindo as relacións de solicitantes ordenadas segundo sorteo e publicadas na súa data. Este procedemento deberá estar concluído ó rematar o primeiro trimestre.

Como norma xeral, a ratio será de trinta alumnos por grupo excepto no ciclo superior que será de vintecinco.

Non se poderán formar grupos con menos de vinte alumnos.

Non obstante coa finalidade de garantir a continuidade de estudos no idioma correspondente, poderase autorizar un grupo por curso cunha ratio menor.

Calquera excepcionalidade que se aparte do establecido nos tres puntos anteriores será autorizado expresamente polo servizo de Inspección educativa.
 



Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
a distancia
proba de clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta