orixe     |     situación xeográfica     |     o centro

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
equipo de normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
histórico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
francés
galego
inglés
portugués
seccións Noia/Sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

INSTALACIÓNS: ORIXE


A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela foi creada polo Decreto 104/2001, do 3 de maio, que autoriza a súa posta en funcionamento. O centro depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A Escola empeza a funcionar como tal no ano 2001 e os idiomas que se ofrecían daquela eran: alemán, francés, galego e inglés e tamén o programa de formación a distancia That´s English. No primeiro ano de existencia do centro só se impartiu o 1º curso de cada lingua e fóronse implantando progresivamente até chegar a completar a oferta de Ciclo Elemental e Superior en todos os idiomas.

No curso 2003-2004 amplíase a oferta de idiomas a Portugués. Este ano impartimos xa 4º curso desta lingua. O centro tamén é titor de That's English e coordina o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras nun centro de secundaria (IES).

No curso 2004-2005 complétase o Ciclo Superior en Inglés, Francés Alemán e Galego.

O número de alumnos oficial presencial sofre un aumento significativo pasando de 788 no primeiro ano a 2875 no actual curso 2007-2008. Pódese ver a evolución por idiomas na táboa inferior:

Evolución da matrícula oficial 2001-02 a 2007-08:

2001/22002/32003/42004/52005/62006/72007/08
INGLÉS3867979831159126514751826
FRANCÉS211363387477486600485
ALEMÁN140224264243250375241
GALEGO518499124105165115
PORTUGUÉS00083108210118
TOTAL788146817332086221428252785

  No curso 2007-2008 ofrecemos 3310 prazas en ensino oficial presencial. Debido á entrada en vigor do novo plan de estudos, que permite o acceso a Intermedio I da primeira lingua estudada no bacharelato, incrementouse a matrícula en inglés considerablemente, podendo ampliar a oferta grazas á creación das novas seccións do IES de Sar e do IES Virxe do Mar de Noia. É preciso tamén ter en conta a ampliación da oferta educativa con cursos monográficos, destacando o grande número de cursos do CFR que son impartidos nesta EOI. Tendo en conta que a matrícula dos monográficos do segundo cuadrimeste está pendente e as diferentes modalidades: a de That's English (127), do Plan Experimental de Potenciación (24) e o alumnado libre alcanzaremos unha cifra aínda superior de alumnos.

Oferta de cursos monográficos para o 2007/08:

Primeiro cuadrimestre: Curso básico de inglés (CFR), Curso de lingua administrativa galega, curso intermedio de francés (CFR)

Segundo cuadrimestre: Cursos avanzado de francés (CFR), curso básico de alemán (CFR), curso intermedio de inglés (CFR), curso básico de portugués (CFR). Cursos monográficos de inglés audiovisual. Curso CELGA de galego. Curso de inglés comercial. Curso de actualización de inglés nivel avanzado.



Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
a distancia
proba de nivel/clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta