A Escola está situada nun edificio de tres plantas. Accédese a ela
desde un pequeno aparcadoiro para o alumnado e conta con catro prazas de aparcamento para
discapacitados e unha rampla. No curso 2005/2006 estrenouse o aparcadoiro para o profesorado e persoal de administración e servizos que está
situado na parte posterior do edificio. Existen dúas escaleiras interiores a ambos
lados do edificio e un ascensor para acceder aos pisos superiores. Cada planta
conta con aseos separados para homes e mulleres.
Planta baixa
Atópanse os despachos da dirección e administración
do centro, a conserxería, o salón de actos, a biblioteca, o laboratorio
de idiomas e a sala de profesorado. Os despachos están equipados con
ordenadores e teléfonos internos e externos. A conserxería conta
cunha fotocopiadora, unha multicopista, unha máquina encadernadora, unha plastificadora e
unha guillotina a disposición do profesorado. O salón de actos
está provisto de 88 butacas con mesiñas pregabeis, dúas
cabinas de interpretación simultánea, un sistema de megafonía,
unha pantalla de proxección e un equipo audiovisual. Recentemente incorporouse un encerado electrónico con conexión
a Internet e habilitouse un espazo con ordenadores portátiles para o uso como aula de informática.
A biblioteca ofrece catro ordenadores para uso do alumnado do centro e 2 para o profesorado responsabél
da biblioteca, todos con acceso a Internet, e un combi TV-vídeo. Catro
vitrinas conteñen unha escasa selección de obras nos idiomas que
se imparten no centro (galego, inglés, francés, alemán e portugués),
que o alumnado pode consultar mediante os servizos de préstamo en sala ou a domicilio.
O laboratorio de idiomas dispón de 30 cabinas para os alumnos, equipadas con reproductores/gravadores de cinta
e cascos, que están conectadas coa mesa do profesor. Dende dita mesa,
o profesor controla o equipo audiovisual (cinta, CD, DVD, VHS e TV) e un ordenador.
Finalmente, os departamentos de Inglés, Galego e Portugués que reúne neste
curso a 27 profesores/as (21 de inglés, 3 de galego e 3 de portugués) comparten a antiga sala de profesores.
O departamento está equipado con teléfono, 4 ordenadores, 2 impresoras, andeis
e mobles arquivadores, mesas de reunión e traballo e cadeiras. Na planta baixa existe así
mesmo un espazo reservado para a cafetaría, que se utiliza como sala de lectura.
Primeira e segunda plantas
Nas 2 plantas superiores, sitúanse a Sala de Recursos, o departamento de Alemán e Francés e as aulas.
Na primeira planta está a Sala de Recursos, con compartimentos nos que os profesores reciben correo e información, e
dous taboleiros, un para información xeral e outro para información
sindical. Así mesmo, nesta sala atópanse outros recursos para
o profesorado, como dous ordenadores, unha impresora, un escáner, un
gravador de CD, unha cadea audio, unha televisión de 25 polgadas, dous
vídeos, un DVD e un gravador de DVD. O Departamento de Alemán e Francés, situado na 2ª planta, conta
con 12 profesores (5 de alemán e 7 de francés). O departamento
está equipado con teléfono, 2 ordenadores, 2 impresoras, andeis
e mobles arquivadores, mesas de reunión e traballo e cadeiras.
O centro conta con 14 aulas distribuídas nas dúas plantas superiores.
En cada planta hai catro aulas grandes, dúas medianas e unha pequena.
Cada aula está provista de andeis e 12 están equipadas con TV, DVD e vídeo.
Oito aulas contan con sistema de megafonía e dúas con pantalla de proxección.