Atención alumnado de inglés! A profesora Ana Losada non poderá impartir as súas clases na semana do 5 de maio.
O profesor Javier Villanueva non poderá impartir as súas clases na semana do 5 de maio, por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.
24 HORAS EN GALEGO -O día deste trimestre no que volveremos todos falar as 24 horas en galego será o xoves 8 de maio. Envía o relato das túas experiencias antes do día 15 do mesmo mes.DESCARGA AS BASES COMPLETAS
AS DEZASETE MELLORES PALABRAS - O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística organiza este concurso no que pode participar toda a comunidade educativa da EOI. Trátase de escribir un texto literario (narrativa, poesía, etc.)coas mellores 17 palabras na mellor orde. As creacións presentaranse na conserxaría da EOI antes do 16 de maio. BASES COMPLETAS