novas     |     actividades

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
equipo de normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
histórico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
francés
galego
inglés
portugués
seccións Noia/Sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

HISTÓRICO: NOVAS

Atención alumnado de inglés!
A profesora Rosa Giao non poderá impartir as súas clases de hoxe, día 5 de maio.

FESTIVO
A Escola de Idiomas de Santiago de Compostela permanecerá pechada os días 30 de abril e 1 e 2 de maio.

Atención alumnado de inglés!
A profesora Ana Losada non poderá impartir as súas clases na semana do 5 de maio. O profesor Javier Villanueva non poderá impartir as súas clases na semana do 5 de maio, por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

CALENDARIO DE EXAMES DE XUÑO
Premede aquí para consultar o calendario de probas oficiais e libres de xuño.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
No día de hoxe, venres 18 de abril, estarán ausentes os seguintes profesores: Manuel Rodís, Rosa Giao, Diana Pastoriza e Ana Losada.

ATENCIÓN ALUMNADO DE SAR E THAT'S ENGLISH
O venres 18 de abril non haberá clases coas profesoras Silvia Barros, Pilar Gato e Anabel López Novo. A titoria de 3º de That's English, do 18 de abril, vaise impartir o xoves 17 de abril, á mesma hora (17.00).

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Laurence Guillas non impartirá as súas clases o luns, 14 de abril.

Atención alumnado de Noia!
O profesor Juan José Lago non poderá impartir as súas clases de mañá, xoves 10 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Laurence Guillas non impartirá as súas clases mañá xoves, día 10 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
As clases da profesora Raquel Moreno reanudaranse mañá martes, 15 de abril, coa incorporación da súa substituta.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS
A profesora Liliam Turnes non poderá impartir as súas clases de hoxe, venres 4 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
A profesora Alejandra Gómez non poderá impartir as súas clases de hoxe 3 de abril pola tarde.

PROBAS LIBRES DE CERTIFICACIÓN E DE CICLO SUPERIOR
O prazo para formalizar a matrícula nas probas libres é do 1 ao 21 de abril, ambos incluídos. CONSULTA E DESCARGA AS INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA, TAXAS, FORMULARIO DE INSCRICIÓN, CALENDARIO DE EXAMES (Anexo da Circular 2/2008) e GUÍA DO CANDIDATO.

ATENCIÓN ALUMNADO DE SAR E THAT'S ENGLISH!
As titorias de 3º, dos días 4 e 18 de abril, vanse impartir o xoves 3 e o xoves 17 de abril, á mesma hora (17.00). A profesora Olga Padín non poderá impartir as súas clases por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica no IES de SAR para saber cando se reanudan as súas clases coa incorporación dun substituto.

Atención alumnado de francés!
A profesora Eliana Abella non poderá impartir as súas clases o xoves 27 de marzo.

FESTIVOS
O luns 24 de marzo non haberá clase, con motivo das vacacións de Semana Santa.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Raquel Moreno non impartirá as súas clases no día de hoxe, mércores 9 de abril, por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Eliana Abella non vai impartir as súas clases no día de hoxe, mércores 5 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE SAR!
A profesora Olga Padín non poderá impartir as súas clases do mércores 26 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS E GALEGO!
A profesora Susana Comesaña non poderá impartir as súas clases os días 10, 11 e 12 de marzo. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Javier Cerdeira non vai impartir a súa clase das 20:00 horas no día de hoxe, venres 7 de marzo. A profesora Raquel Moreno non vai impartir a súa clase das 18:30 no día de hoxe, venres 7 de marzo.

CURSO MONOGRÁFICO DE FRANCÉS BÁSICO
Ábrese a matrícula para un novo curso de francés básico II, dirixido a aquelas persoas con algúns coñecementos de francés interesadas en prepararse para as probas libres de certificación. Duración: 40 horas. Horario: martes e xoves de 10:00 a 12:00. Prazo de matrícula: do 25 de febreiro ao 7 de marzo.

PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES
Premendo na icona FAQ desta páxina accédese ás preguntas máis frecuentes que fan as persoas que estudan ou queren estudar nunha EOI. A lectura destas preguntas resolve a maioría das dúbidas que se formulan a diario na EOI.

AXUDAS PARA ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS NO ESTRANXEIRO
Consulta na seguinte ligazón as axudas que se convocan este ano para cursos de idiomas no estranxeiro. Actualizamos a información das convocatorias en canto saen no DOG ou BOE

Atención alumnado de galego!
O venres 15 de febreiro non haberá clases coa profesora Dores Rey.

CURSOS LAG (LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA)
As clases empezan o vindeiro martes, 4 de marzo. MAIS INFORMACIÓN E BASES DA CONVOCATORIA LISTAXE DE ADMITIDOS

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Eliana Abella non poderá impartir as súas clases o xoves 31 de xaneiro e o venres 1 de febreiro.

Atención alumnado de alemán!
A profesora Teresa Astray non poderá impartir as súas clases o venres 25 de xaneiro.

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
A Consellaría de Educación convoca axudas para estadías lingüísticas en países de fala inglesa e francesa durante o verán de 2008, dirixidas ao alumnado de centros públicos desde 6º de primaria a 2º de bacharelato. MÁIS INFORMACIÓN

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Rosa Giao segue de baixa durante a semana do 28 de xaneiro.

MATRÍCULA CURSOS CUADRIMESTRAIS
A matrícula para básico 2 de inglés e francés (modalidade cuadrimestral)deberá formalizarse entre os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

CURSOS MONOGRÁFICOS DE INGLÉS AUDIOVISUAL
MAIS INFORMACIÓN

PAGAMENTO DO SEGUNDO PRAZO DA MATRÍCULA
O alumnado oficial que fraccionase o pago da matrícula deberá aboar o segundo prazo antes de finalizar o mes de xaneiro. Os impresos de taxas poderán recollerse na conserxaría.

Atención alumnado de portugués!
A profesora Susana Comesaña non poderá impartir as súas clases durante toda esta semana. Prevese a súa incorporación o luns día 14 de xaneiro.

Atención alumnado de francés!
A profesora Silvia Fernández non poderá impartir as súas clases durante toda esta semana. Prevese a súa incorporación o luns 14 de xaneiro. Permanezan atentos a esta web.

NADAL
A EOI Santiago desexa un bo Nadal e un próspero ano 2008 a todo o persoal e alumnado do centro. As clases reanudaranse o martes, día 8 de xaneiro, aínda que o centro permanecerá aberto nos días laborables de 10:00 a 13:00 durante todo o periodo vacacional.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Roberto Magdaleno non impartirá as súas clases maña, mércores, 19 de decembro.

PONTE DE DECEMBRO
O venres, día 7 decembro o centro permanecerá pechado. Ese día tampouco haberá clases na Sección IES de Sar.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Emma Colquhoun non poderá impartir hoxe 14 de decembro as súas clases.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
A profesora Victoria Penide non impartirá as súas clases o luns, día 3 de decembro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
As clases da profesora Loli Patiño reanudaranse o luns, día 3 de decembro.

Atención alumnado de francés!
As clases da profesora Isabelle Kerdudo reanudáronse o xoves, 22 de novembro, coa incorporación da súa profesora substituta.

ATENCIÓN ALUMNADO DE SAR!
A profesora Olga Padín non impartirá as súas clases o xoves 20 de decembro.

Atención alumnado de inglés!
O xoves 15 e venres 16 de novembro non haberá clase coa profesora Ana Losada.

Atención alumnado de inglés!
Hoxe 8 de novembro non haberá clase coa profesora Rosa Giao.

Atención alumnado de inglés!
Non haberá clase coa profesora Rosa Giao ata o venres 19 de outubro.

CAMBIOS DE GRUPO
CONSULTE AS NORMAS E DESCARGUE O FORMULARIO DE SOLICITUDE AQUÍ Para saber o grupo no que figuran e ver se o cambio solicitado se fixo efectivo, poden ver o seu expediente en CentrosNet (icona "acceso usuarios" desta web). Tamén poden consultar a actualización dos cambios de grupo concedidos a través das seguintes ligazóns: EOI SANTIAGO, SECCIÓN SAR

ÚLTIMO PRAZO DE MATRÍCULA: SEMANA DO 15 DE OUTUBRO
Poderán matricularse en todos os niveis e idiomas, habendo vacantes, durante toda a semana. Pódese mirar a ocupación de grupos e as vacantes dispoñíbeis na seguinte ligazón VACANTES A matrícula para a sección do IES de Sar segue aberta. Consulte as VACANTES. Para aforrar desprazamentos, podes descargar a información sobre a matrícula e os impresos correspondentes (agás o de taxas) na sección Matrícula-oficial.

MATRÍCULA PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO
Nos días 1 e 2 de outubro poderánse matricular en básico 1 (inglés, francés e alemán) todas as persoas ás que, tendo realizado a preinscrición, non se lles adxudicou grupo ou que queren matricularse nun grupo distinto ao adxudicado. . Nos días 3, 4 e 5 de outubro poderán matricularse en primeiro todas as persoas que non fixeron a preinscrición. Noutros niveis e idiomas poderán matricularse, habendo vacantes, durante toda a semana. A adxudicación de prazas na primeira semana de outubro será por estrita orde de chegada. Podes mirar a ocupación de grupos e as vacantes dispoñibles na seguinte ligazón VACANTES Para aforrar desprazamentos, podes descargar a información sobre a matrícula e os impresos correspondentes (agás o de taxas) na sección Matrícula-oficial.

COMEZO DAS CLASES: CURSO 2007-2008
SECCIÓNS DE NOIA E SAR: Comezo o 16 de outubro

PREINSCRICIÓN: RESULTADOS DOS SORTEOS
ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS

CICLO SUPERIOR: SETEMBRO 2007
Nas seguintes ligazóns poden consultarse as listaxes de persoas que superaron o exame escrito de Ciclo Superior e que, por tanto, acceden á proba oral. INGLÉS (LIBRES), INGLÉS (OFICIAIS), FRANCÉS (LIBRES), GALEGO

PROBAS DE CLASIFICACIÓN 2007
RESULTADOS: Preme nos seguintes atallos para consultar os resultados das probas: GALEGO, INGLES, FRANCÉS, ALEMÁN

NOVAS SECCIÓNS DE NOIA E SAR.
PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREMA AQUÍ

PROBAS DE CLASIFICACIÓN 2007
O alumnado que, tendo coñecementos previos, pretenda acceder aos cursos Básico 2 ou Intermedio 1, pode inscribirse entre o 1 e o 8 de setembro nas probas de clasificación. En previsión de que non accedan a un nivel superior, deberán facer tamén a preinscrición (inglés, francés ou alemán) entre o 1 e o 14 de setembro en Básico 1(1º). IMPORTANTE!: Estamos pendentes de recibir a nova circular que regula estas probas de clasificación (que substitúe a antiga circular 1/2004)

CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA
CONSULTA AS LISTAXES DE ADMITIDOS

PREINSCRICIÓN CURSO 2007-2008
Todas aquelas persoas que desexen matricularse en Básico 1 (1º) de inglés, francés ou alemán deberán facer a preinscrición a través da seguinte LIGAZÓN. Prazo: do 1 ao 14 de setembro.

HORARIOS DO CURSO 2007-2008
Para consultar os horarios do curso que ven, preme sobre as bandeiras da sección HORARIOS (máis abaixo).

EXAMES DE SETEMBRO: HORARIOS DAS DESTREZAS
CONSULTA OS HORARIOS DAS PROBAS DE SETEMBRO POR DESTREZAS.

HORARIOS DO CURSO 2007-2008
Para consultar os horarios do vindeiro curso, prema sobre as bandeiras (máis abaixo) ou sobre os seguintes atallos: ALEMÁN, FRANCÉS, GALEGO, INGLÉS, PORTUGUÉS

CICLO SUPERIOR: Aptos en xuño
Premede nos seguintes atallos: ALEMÁN, FRANCÉS, GALEGO,

MATRÍCULA CURSO 2007-2008
Para aforrar desprazamentos, podes descargar a información sobre a matrícula e os impresos correspondentes (agás o de taxas) na sección Matrícula-oficial.

CICLO ELEMENTAL: CONVOCATORIA DAS PROBA ORAIS
Premede nos seguintes atallos: ALEMÁN (LIBRES E OFICIAIS) , GALEGO(LIBRES) , INGLÉS (LIBRES) , FRANCÉS (LIBRES) .

CONSULTA DE NOTAS
O alumnado oficial e libre matriculado no curso 2007-2008 poderá consultar as súas notas premendo na imaxe ACCESO USUARIOS que aparece nesta páxina. DESCARGA A FOLLA DE INSTRUCIÓNS

CURSOS DE VERÁN 2007
OS CURSOS COMEZAN O LUNS, DÍA 2 DE XULLO.

MODELOS DAS PROBAS UNIFICADAS
Preme no seguinte atallo para consultar os modelos de exame de Ciclo Elemental e Superior.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Teresa Moralejo non impartirá as súas clases nos días 21, 22 e 23 de maio. O profesor Xerardo Fernández non impartirá clase o mércores, 23 de maio.

ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS!
Hoxe, martes 15 de maio, non haberá clare coa profesora Beatriz Péres.

CURSOS DE VERÁN 2007
DESCARGA O FOLLETO COA INFORMACIÓN COMPLETA DESCARGA O FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

ATENCIÓN ALUMNADO DE THAT'S ENGLISH!
O calendario de exames de maio xa está publicado no noso sitio web. Produciuse unha modificación importante no horario da proba do Módulo 2, do 16 de maio. Preme no seguinte atallo para consultar o calendario de exames de maio

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
Hoxe día 2 de maio, a profesora Silvia Fernández non poderá impartir as súas clases.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Javier Cerdeira non impartirá clase no xoves 3 de maio. Incorpórase o venres 4 de maio O profesor Raimundo Rodríguez atópase de baixa. A substituta incorpórase hoxe 4 de maio. As clases da profesora Cristina Rodríguez reanudaranse o luns, 7 de maio. A profesora Dolores Gómez non impartirá clase durante os días 3 e 4 de maio, por atoparse enferma.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Raimundo Rodríguez non impartirá clase no día de hoxe, luns, 30 de abril, por atoparse enfermo.

IMPORTANTE!
Lembrámoslle ao alumnado que o vindeiro luns, día 30 de abril é LECTIVO e, polo tanto, haberá clase. O martes, día 1 de maio é festivo (Festa do Traballo).

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Ana Aguerre non impartirá clase no día de hoxe, venres, 25 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
As clases do profesor Alain Savidan reanudaranse hoxe, luns, 23 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Raimundo Rodríguez non impartirá clase no día de hoxe, martes, 16 de abril. É probábel que se incorpore mañá, martes. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

CALENDARIOS DE EXAME
Preme no seguinte atallo para consultar os calendarios provisionais de exame de xuño e setembro.

DEVOLUCIÓN DOS ANAGRAMAS
As persoas que participaron no concurso de anagrama da EOI Santiago poderán recoller en Vicedirección os seus traballos non premiados ata o día 15 de maio (CDs e material impreso). De non ser recollidos nesta data, serán destruidos.

ATENCIÓN ALUMNADO DE GALEGO!
A profesora Liliana Carro Estévez non impartirá clase os días 10 e 11 de abril. Reanudaranse as súas clases o día 12.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Xerardo Fernández non impartirá clase no día de hoxe, martes 10 de abril.

CURSO MONOGRÁFICO DE GALEGO ADMINISTRATIVO
No DOG do venres 30 de marzo publicouse a convocatoria dos cursos monográficos de lingua administrativa galega. Preme sobre este atallo para consultar as bases e a listaxe de admitidos.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora María José Olveira Lema non impartirá clases no día de hoxe, 27 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE GALEGO!
As clases da profesora Dores Rey reanudaranse o mércores 21 de marzo, coa incorporación da súa substituta.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Roberto Magdaleno non impartirá clase no día de mañá, martes 20 de marzo. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
O profesor Alain Savidan non impartirá clase no día de hoxe, xoves 15 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Marina Fernández non impartirá clases durante os días 13 a 16 de marzo. É previsíbel que se reincorpore o luns, 19. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

Atención alumnado de português
A profesora Beatriz Peres non impartirá a súas clases hoxe, mércores 14 de marzo. O professor Eduardo Sanches nom poderá dar as suas aulas de hoje (13) e manhá (14 de março). Mantenham-se informados a través da web ou por teléfono.

SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO MONOGRÁFICO DE INGLÉS AUDIOVISUAL
O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria abren a convocatoria de solicitudes para o Monográfico de Inglés Audiovisual, que se impartirá na EOI de Santiago.

Atención alumnado de inglés
Non haberá clase esta semana (de mércores 7 a venres 9) co profesor Javier Villanueva.

CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA NO ESTRANXEIRO
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS AXUDAS PUBLICADAS RECENTEMENTE NO BOE E NO DOG

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
O profesor Bartug Aykan non vai impartir as súas clases durante esta semana por atoparse de baixa. O mércores día 7 incorporarase a súa substituta.

VIAXE A LONDRES
O departamento de inglés está organizando unha viaxe a Londres para finais do mes de marzo (ben do 22 ao 26 ou do 29 de marzo ao 2 de abril). Os alumnos interesados deberán apuntarse na conserxería antes do xoves 1 de marzo e indicar a data que prefiren. Máis información: Taboleiros da EOI.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Silvia F. Piñeiro atópase de baixa. Reinícianse as súas clases o venres 2 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
O profesor Bartug Aykan non impartirá clase no día de hoxe, venres 23 de febreiro, por atoparse enfermo. É previsíbel que se reincorpore o luns, 26 de febreiro. Mantéñanse informados a través desta páxina ou via teléfono.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
As clases do profesor Marcos Dosil vanse reanudar o mércores, 28 de febreiro, coa incorporación da súa substituta. As clases do profesor Javier Cerdeira reanudaranse hoxe mércores, 28 de febreiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS!
O xoves, 22 de febreiro, non impartirá clase o profesor Francisco Castro

DÍAS NON LECTIVOS DURANTE O ENTROIDO
Con motivo da celebración do entroido, non haberá clase durante os días 19, 20 e 21 de febreiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
A profesora Cristina Cubeiro non impartirá a súa clase de mañá xoves, 15 de febreiro, por atoparse de baixa. Para información actualizada, sigan atentos a esta páxina ou contacten coa EOI via telefónica.

Atención alumnado de inglés!
Hoxe, día 6 de febreiro non haberá clase coa profesora Ana Aguerre.

Atención alumnado de alemán!
Hoxe, dia 5 de febreiro non haberá clase co profesor Bartug Aykan.

Atención alumnado de francés!
O martes 30 de xaneiro non haberá clase coa profesora Silvia Fernández Piñeiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Marcos Dosil vaise reincorporar mañá, xoves, 25 de xaneiro.

Atención alumnado de inglés!
Hoxe, 18 de xaneiro, non haberá clase co profesor Raimundo Rodríguez.

Atención alumnado de francés!
As clases do profesor Francisco Ortega reanudaranse o vindeiro luns día 22.

Atención alumnado de alemán!
Non haberá clase co profesor Alfonso Porta en toda esta semana, por estar representando a este centro no Festival de Linguas de Jablonek nad Nisou (R. Checa)

RESOLUCIÓN DO II CONCURSO DE ANAGRAMA
Declarase gañador do II concurso de anagrama o presentado por Mª Celia Fráiz Vázquez (traballadora do centro P.A.S.) baixo o pseudónimo Bhardamu. En breve aparecerá este anagrama como imaxe corporativa da EOI Santiago de Compostela. CONSULTA O LISTADO DE PUNTUACIÓNS A dirección e o xurado agradecen expresamente a todos os participantes o interese, traballo e dedicación amosados, así como a grande calidade e profesionalidade dos traballos presentados. En recoñecemento ao seu traballo e para compartir con toda a EOI a calidade dos anagramas, realizarase proximamente unha exposición no centro.

NOVO SERVIZO PARA O ALUMNADO
Desde agora está dispoñible unha conexión a internet sen fíos en todo o edificio. Para acceder a ela, cómpre solicitar o contrasinal na conserxería, certificando a condición de alumno/-a do centro co carné correspondente.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN EN CURSOS MONOGRÁFICOS
Amplíase o prazo de inscripción nos cursos monográficos do 2º cuadrimestre ata o 19 de xaneiro.

Átención alumnado de inglés!
O profesor Xerardo Fernández non impartirá hoxe día 11 de xaneiro as súas clases da tarde.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Cristina Rodríguez non impartirá clase o xoves, 25 de xaneiro. As súas clases reanudaranse o venres, día 26.

GAÑADORES DO CONCURSO DE REPOSTERIA INTERNACIONAL
O primeiro premio levouno David Quintela (alumno de inglés), coa súa torta de cenoura. O segundo foi para Xabier Fernández Cardama (alemán), pola súa torta de chocolate. E o terceiro para Marina del Viejo (alemán), pola súa torta de cabaza. Podedes mirar as fotos do evento nesta web...

24 HORAS EN GALEGO: TEXTOS SELECCIONADOS
CONSULTA OS NOMES DOS AUTORES SELECCIONADOS

ATENCION ALUMNADO DE ALEMÁN!
A profesora Cristina Cubeiro non impartirá clase no día de mañá, 19 de decembro, por atoparse enferma. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía teléfono.

RESULTADOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALIZA CAMBIA"
CONSULTA OS NOMES DOS FINALISTAS

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
Hoxe non impartirá a súa clase das 20:00 horas, a profesora Marina Fernández.

VIAXE A BÉLXICA
Xuntanza dos alumnos que participan no programa LinxXchange e están interesados en viaxar a Bélxica: xoves 14 de decembro ás 19:30 na cafetería. MAIS INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA LINXXCHANGE

CURSOS MONOGRÁFICOS: 2º CUADRIMESTRE
INGLÉS AUDIOVISUAL (CONSULTA A LISTAXE DE ADMITIDOS), INGLÉS COMERCIAL, PORTUGUÉS COMERCIAL E MÉDICO, LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA Amplíase o prazo de matrícula en inglés comercial ata o 6 de febreiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE GALEGO!
Hoxe, día 5 de decembro non haberá clase coa profesora Olga Amigo.

VIAXE Á REPÚBLICA CHECA
Dentro do marco do programa europeo Sócrates Lingua 1 "Language Festivals", un alumno e un profesor da EOI Santiago viaxarán á República Checa (Jablonek nad Nisou) do 16 ao 20 de xaneiro do 2007 para participar no correspondente Festival de Linguas. No sorteo feito o día 4 de decembro, resultaron seleccionados para esta viaxe o profesor Alfonso Porta (Depto de Alemán) e a alumna de 4º de alemán Cristina Mato. Os suplentes son Esperanza Moreiras (Depto de Galego) e Conchi Villamarín, alumna de inglés e portugués.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
Hoxe, mércores 29 de novembro non haberá clase co profesor Martin Becker.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Dolores Gómez non impartirá clases durante esta semana (do 28/nov ao 1/dec), por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou vía telefónica.

24 HORAS EN GALEGO
Coa fin de promocionar o uso normalizado do galego entre aquelas persoas que o coñecen pero non o usan como lingua principal de comunicación, o ENL organizará durante o día 30 de novembro a actividade "24 horas en galego". Nese día animarase á comunidade educativa a usar o galego como única lingua durante un día completo e a reflexionar sobre a experiencia. Recolle as bases na conserxería e concursa. Hai interesantes premios. MAIS INFORMACIÓN

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Eliana Abella non impartirá clases no día de hoxe, venres 24 de novembro.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE ANAGRAMA
Reunido o xurado o día 15 de novembro de 2007 ás 12 horas, resolveu declarar deserto o premio e convocar un "II concurso de Anagrama" aberto a toda a comunidade educativa da EOI. Animádevos a participar!!! BASES DO II CONCURSO DE ANAGRAMA

Intercambio cun instituto de Potsdam (Alemaña)
O Departamento de Alemán organiza para a semana do 22 de marzo de 2007 unha viaxe de intercambio cun instituto de Educación Secundaria de Potsdam. A participación está aberta a todo o alumnado da EOI de Santiago menor de 22 anos. Os alemáns participantes no intercambio son todos estudantes de español. REUNIÓN INFORMATIVA: XOVES 23 DE NOVEMBRO ÁS 15:30 NO SALÓN DE ACTOS. Máis información: Departamento de Alemán (Alfonso Porta)

ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS!
O profesor Francisco Castro non vai impartir clase no día de hoxe, venres, 10 de novembro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
As clases da profesora Virginia Fernández reanúdanse hoxe, xoves, día 2 de novembro.

RESOLUCIÓN DE CAMBIOS DE GRUPO/HORARIO
Consulta a LISTAXE DE CAMBIOS CONCEDIDOS E PENDENTES

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
As clases do profesor Francisco Ortega reanúdanse no día de hoxe, xoves, 19 de outubro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN
O profesor Bartug Aykan (AL2E4 e AL5S1) non impartirá clase no día de hoxe, xoves, 5 de outubro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Javier Cerdeira (IN2E9, IN2E11, IN4S6) non impartirá clase o venres, día 6 de outubro.

PERÍODO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA: PREINSCRICIÓN 1º
Segue aberto o período extraordinario de matrícula para todas as linguas e cursos. Toda persoa que desexe matricularse nas prazas que seguen vacantes, pode pasar o antes posíbel pola secretaría do centro. VACANTES

MATRÍCULA ALUMNADO DE PRIMEIRO
IMPORTANTE!!! O día 28 de setembro remata o prazo de matrícula para o primeiro curso (alemán, francés, inglés), asignado por preinscrición. O alumnado que non se matricule nese día perderá todo o dereito sobre a praza que lle foi adxudicada. O día 29 publicaránse na cristaleira e na web as listaxes de admitidos na quenda de reserva (das persoas que fixeron a preinscrición). Cada día poderánse matricular tantas persoas desa listaxe como vacantes haxa, pola orde na que figuran na mesma. As vacantes e as listaxes serán actualizadas diariamente.

MONOGRÁFICOS DE PORTUGUÉS
Curso monográfico de portugués comercial (iniciación), Curso monográfico de portugués médico(iniciación) Prazo de matrícula: do 4 ao 16 de outubro As clases comezan o día 19 de outubro.

COMEZO DAS CLASES
As clases comezan o 29 de setembro (para os grupos que teñan clase os venres)

PREINSCRICIÓNS 1º CURSO DE ALEMÁN, FRANCÉS E INGLÉS
Todos os alumnos que figuran nas listaxes publicadas de cada idioma e grupo poden pasar a formalizar a matrícula pola secretaría entre o 22-28 de setembro: ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS

AVISO URXENTE!!!!
A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE SANTIAGO VAI PERMANECER PECHADA O XOVES 21 DE SETEMBRO DEBIDO AOS RESTOS DO CICLÓN QUE SE ACHEGA. (ORDE DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN) AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA ESE DÍA VANSE TRASLADAR AO VENRES, 22: Revisión Ciclo Superior Alemán (venres, nas mesmas horas) Revisión Ciclo Superior Francés (venres, 10:00-12:00h) Revisión Ciclo Superior Galego (venres, 12:00-14:00h) Revisión Ciclo Superior Inglés (venres, de 16:00-18:00h) MATRÍCULA O prazo de matrícula que remataba o día 21, remata o venres, 22 de setembro. A secretaría abrirá o venres só en horario de mañá. PREINSCRICIÓNS 1º CURSO ALEMÁN, FRANCÉS E INGLÉS Todos os alumnos que figuran nas listaxes publicadas de cada idioma e grupo poden pasar a formalizar a matrícula pola secretaría entre o 22-28 de setembro: ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS

LISTAXE DE VACANTES (Actualizada ás 15:30 do día 6 de outubro)
Premede sobre o atallo seguinte para acceder á listaxe de VACANTES

RESULTADOS DAS PROBAS DE NIVEL
Preme sobre a lingua correspondente para acceder aos resultados das probas de nivel: ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS

PROBAS DE NIVEL: AULAS ONDE SE CELEBRARÁN
Preme sobre as linguas correspondentes para acceder á distribución de aulas para a Proba de Nivel: INGLÉS , FRANCÉS

ALUMNADO DE THAT'S ENGLISH
Lembrámoslles que, tal e como figura na información sobre avaliación para o alumnado a distancia publicado nesta páxina, para aprobar un módulo é preciso superar as diferentes partes do exame na mesma convocatoria.

CONVOCATORIA DA PROBA DE EXPRESIÓN ORAL
ATENCIÓN!!!! TODOS/AS OS/AS ALUMNOS/AS TERÁN QUE PRESENTARSE IGUALMENTE NA DATA E HORA QUE SE ESPECIFICAN NO CALENDARIO DE EXAMES PARA A PROBA DE COMPRENSIÓN ORAL! Preme sobre a lingua e curso correspondente para acceder aos horarios das probas de EXPRESIÓN oral: FRANCÉS(Ciclo Superior: Libres), FRANCÉS(5º Oficiais), INGLÉS(Ciclo Superior: Libres e Oficiais)

PREINSCRICIÓN PARA ALUMNADO NOVO
Para preinscribirse no PRIMEIRO CURSO de ALEMÁN, FRANCÉS E/OU INGLÉS, cómpre facelo a través de Internet, na seguinte LIGAZÓN

EXAMES DE SETEMBRO 2006: DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Consulta as DATAS, HORARIO, AULAS E DURACIÓN DE CADA PARTE

BIBLIOGRAFÍA PARA O CURSO 2006-2007
Preme sobre a lingua para descargar a listaxe bibliográfica do vindeiro curso ALEMÁN, FRANCÉS, GALEGO, INGLÉS, PORTUGUÊS

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA NO ESTRANXEIRO
Orde do 23 de maio pola que se convocan axudas dirixidas a alumnado da ESO e do Bacharelato para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro. Prazo: 1 mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no DOG (1 de xuño) DESCARGA A ORDE EN FORMATO PDF

CICLO SUPERIOR: PROBA DE EXPRESIÓN ORAL
Preme sobre a lingua e curso correspondente para acceder aos horarios das probas de expresión oral: FRANCÉS (Libres)

CURSOS DE VERÁN 2006
A EOI de Santiago, en colaboración coa asociación de alumnos e antigos alumnos da EOI de Santiago organiza cursos de verán nos seguintes idiomas: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. DESCARGA O DÍPTICO COA INFORMACIÓN COMPLETA e a FOLLA DE INSCRICIÓN

CICLO ELEMENTAL: CONVOCATORIA DA PROBA DE EXPRESIÓN ORAL
Preme sobre a lingua e curso correspondente para acceder aos horarios das probas de expresión oral do alumnado oficial, libre e P.Ex (IES): INGLES (Oficiais), INGLES (Libres), INGLES (IES), FRANCÉS

DATAS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA
Pódense consultar as datas de preinscrición e matrícula no apartado Calendario/matrícula desta páxina. Consulte a sección Matrícula/oficial para saber como formalizar a matrícula.

CICLO ELEMENTAL DE FRANCÉS
Preme no seguinte atallo para consultar á DISTRIBUCIÓN POR AULAS DO ALUMNADO LIBRE E OFICIAL DE 3º QUE SE PRESENTA Á PROBA ESCRITA DE CICLO ELEMENTAL DE FRANCÉS.

CICLO ELEMENTAL DE INGLÉS
Preme no seguinte atallo para consultar á DISTRIBUCIÓN POR AULAS DO ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA ESCRITA DE CICLO ELEMENTAL DE INGLÉS.

THAT'S ENGLISH
Preme no seguinte atallo para consultar o Calendario de exames de setembro de That's English

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
O profesor Bartug Aykan non impartirá clase no día de hoxe, xoves 18 de maio.

CONCURSO: "ANAGRAMA DA EOI DE SANTIAGO DE COMPOSTELA"
Convócase un concurso para elexir o anagrama da escola, no que pode participar calquera alumno/a da EOI de Santiago de Compostela. Outorgarase un único premio de 350€. CONSULTA AS BASES DO CONCURSO

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A profesora Lydia Sanjuán non impartirá clase no día de hoxe, 26 de abril.

AXUDAS PARA ALUMNOS UNIVERSITARIOS PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS DE IDIOMAS...
Orde do 6 de abril de 2006 pola que se procede á convocatoria de axudas para estudantes universitarios para a realización de cursos de idiomas no estranxeiro...

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Marcos Dosil vaise reincorporar hoxe, día 25 de abril.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
As clases da profesora Carla Dechant reanudaranse o xoves, 20 de abril coa incorporación da súa substituta.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor José Goas non se reincorporará ás súas clases até o luns, 24 de abril por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou telefonicamente.

ATENCIÓN ALUMNADO!
As clases comezan o MARTES, 18 DE ABRIL despois das vacacións de Semana Santa.

ATENCIÓN ALUMNADO DE GALEGO!
As clases da profesora Dores Rey reanudaranse o mércores, 19 de abril coa incorporación da profesora substituta.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2006
Preme no seguinte atallo para consultar o calendario de exames do mes de SETEMBRO

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Silvia Fernández non vai impartir clase durante a semana do 3 de abril por atoparse de baixa.

AXUDAS PARA REALIZAR CURSOS DE IDIOMAS NA UNIÓN EUROPEA!
Orde do 13 de marzo pola que se convocan axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea

ATENCIÓN ALUMNADO DE PORTUGUÉS!
A profesora Beatriz Peres non vai impartir clase no día de hoxe, 20 de marzo. Mantéñanse informados a través desta páxina ou telefónicamente.

GAÑADORA DO CONCURSO "O DITO SEMANAL"
Mª Cristina González Piñeiro, alumna de 2º de francés gañou o vale de agasallo por un valor de 45 euros. Expresión: "Agora xa foi, Marica non chores" ("Ce qui est fait est fait") SOLUCIÓNS AOS DITOS SEMANAIS

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Marcos Dosil non impartirá clase o luns, día 13 de marzo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
A profesora Eliana Abella non vai impartir clase no día de hoxe, 24 de febreiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
As clases do profesor Xerardo Fernández reanudaranse o mércores, 1 de marzo.

PROBAS LIBRES UNIFICADAS
Preme no seguinte atallo para acceder á CIRCULAR 1/2006 SOBRE PROBAS UNIFICADAS DE CICLO ELEMENTAL E SUPERIOR

AVISO URXENTE!
Pagamento 2º prazo de matrícula A data límite para realizar o pagamento do segundo prazo de matrícula foi o martes, 31 de xaneiro LEMBRASE QUE A FALTA DE PAGAMENTO PRODUCIRÁ A ANULACIÓN AUTOMÁTICA DA MATRÍCULA

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Fernando Fernández non impartirá clase durante a semana do 23 de xaneiro por atoparse de baixa. Mantéñanse informados a través desta páxina ou telefonicamente.

LECTORADOS MAEC-AECI EN UNIVERSIDADES ESTRANXEIRAS 2006/2007
Premede no atallo para acceder á CONVOCATORIA.

ATENCIÓN ALUMNADO DE FRANCÉS!
O profesor Francisco Ortega non impartirá clase no día de hoxe, 16 de xaneiro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
As clases do profesor Javier Villanueva reanudaranse hoxe, 11 de xaneiro coa incorporación da súa profesora substituta. A profesora Emma Colquhoun non impartirá clase no día de hoxe, 11 de xaneiro.

CALENDARIO DE EXAMES DE XUÑO 2006
Consulta o calendario de exames do mes de xuño

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
1º premio: Iria Lago López

CONCURSO DE REPOSTERÍA 2005
1º premio: Iria Rivero Redondo 2º premio: Belén Vázquez Fernández 3º premio: Estrella Beiro Lado

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Manuel Rodís (grupos 1ºE1, 4ºS8 e 4ºS9) non impartirá clase o luns, 19 e martes 20 de decembro. As clases reanudaranse o mércores, 21.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O profesor Jose Goás Jul (IN3E1, IN3E2) non impartirá clases mañá venres 16 de decembro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
O Profesor Marcos Dosil Barro (IN2E10, IN2E9, IN4S5) reincorpórase o luns, día 12 de decembro ás súas clases.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
O Profesor Santiago Rivera Castiñeiras (AL2E3, AL3E2, AL3E3) non impartirá clases hoxe venres 2 de decembro de 2005 por atoparse enfermo.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
As clases do profesor Martin Becker vanse reanudar hoxe luns, día 28 de novembro.

ATENCIÓN ALUMNADO DE GALEGO!
As clases da profesora Dores Rey reanudaranse mañá martes, día 28 de novembro.

CRÉDITOS DE LIBRE ELECCIÓN
O pasado día 3 de outubro asinouse un Convenio entre a Consellaría de Educación e O.U. e a Universidade de Santiago de Compostela. Para máis información premede no seguinte atallo: Escrito da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS DE ESTUDOS EN ALEMANIA
DAAD (Servicio Alemán de Intercambio Académico)
EMBAIXADA DE ALEMANIA IMPORTANTE: O PRAZO DE ALGUNHAS CONVOCATORIAS REMATA EN DECEMBRO.

ATENCIÓN ALUMNADO DE ALEMÁN!
A profesora Dona Teresa Astray (grupo AL1E1) non impartirá clase durante a semana do 14 de novembro.

1ª EDICIÓN DO CERTAME DE RELATOS
Xa podedes ler os relatos gañadores da 1ª edición do concurso de relatos 2004/2005 na sección do Equipo de Normalización Lingüística.

ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS!
A clase de inglés de THAT’S ENGLISH (grupo 1B) coa profesora Ana I. González Cruz suspéndese o día 11 de novembro. A seguinte clase celebrarase o día 18 de novembro de 18.00 a 20.00 na mesma aula 13. A profesora Susana Zas (grupos IN2E4, IN2E6 e IN5S2) atópase de baixa. As clases continuarán o martes, día 8 de novembro coa incorporación dunha profesora substituta.

GLOSARIO MULTILINGÜE
Na sección do ENL xa tedes á vosa disposición o glosario multilingüe (Galego, Alemán, Francés e Inglés) elaborado polo Equipo de Normalización Lingüística en colaboración cos departamentos didácticos da EOI.

1ª REUNIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Día: luns 24 de outubro ás 17:30 Lugar: Sala de Recursos Todo o alumnado está invitado a participar. Esperámosvos!

CALENDARIO DE DÍAS E PERÍODOS NON LECTIVOS 2005/2006
Premede no atallo para ver os DÍAS NON LECTIVOS Pódese consultar o Calendario Escolar 2005/2006 na sección Lexislación e Documentación>Galega

LISTAXE DE VACANTES (Actualizada ás 21:30 do 11/out)
Premede sobre o atallo seguinte para acceder á listaxe de VACANTES Os horarios dos grupos pódense consultar na páxina web da Xunta ou na sección Horarios desta mesma web.

COMEZO DAS CLASES
As clases do curso 2005/2006 comezarán o día 17 de outubro. ATENCIÓN ALUMNADO DE INGLÉS: -Os grupos 5S2, 2E4 E 2E6 non terán clase o día 18 de outubro. -Os grupos 4S2 e 4S4 non terán clase o día 17 de outubro. -O substituto da profesora Dona Dolores Gómez Gómez (grupos 4S1 e 4S3 e That's English 3A) vaise incorporar mañá, 17 de outubro.

IMPORTANTE!
Todas aquelas persoas que fixeron a preinscrición no mes de xuño e NON LLES FOI ADXUDICADA praza por erros técnicos, poden achegarse á EOI de Santiago o día 10 de outubro antes das 14:00 h. para tentar resolvelos.

URXENTE! PROBA V.I.A. (THAT'S ENGLISH)
Cambio na hora da proba de Valoración Inicial do Alumno (para alumnado que queira matricularse en That's English): celebrarase, para os que elexiron esta opción, o luns 17 de outubro, a partires das 18.00 h na EOI DA CORUÑA

Creación da Asociación de Antigos Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Santiago
As persoas interesadas (todos os que remataron o Ciclo Elemental e/ou Ciclo Superior dalgún idioma) en pertencer a esta asociación, que deixen os datos persoais na conserxaría da EOI.

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: 2ª e 3ª adxudicación de prazas
Premede nos seguintes atallos para acceder ás Instrucións para as 2ª e 3ª adxudicacións e Modalidades de acceso Ligazón á páxina da Xunta: PREINSCRICIÓN/MATRÍCULA

CONVOCATORIAS/RESULTADOS DE EXAMES
Preme sobre a lingua e curso correspondente para acceder aos horarios e aulas das probas de expresión oral oficiais e libres ou aos resultados: INGLES (4º), INGLES Ciclo Elemental (Oficiais, Libres e IES-Potenciación), INGLES (2º), INGLES (1º), That's English (1º e 3º), INGLES (Ciclo Superior), FRANCÉS(Ciclo Elemental-Notas finais), FRANCÉS(Ciclo Superior-Notas finais), GALEGO (Ciclo Elemental)

NON FIXO A PREINSCRICIÓN E QUIXER MATRICULARSE PARA O 2005-6?
Todas as persoas que non fixeron a preceptiva preinscrición no mes de xuño aínda poderán optar ás vacantes que quedaren, no mes de outubro, en cada idioma, curso e grupo. QUE DEBE FACER? O luns 10 de outubro, hase expor a listaxe de vacantes no taboleiro da EOI e mais na páxina web www.edu.xunta.es/eoi Se houber algunha vacante que lle interesase, terá que acudir ao centro e matricularse, do martes 11 ao venres 14 de outubro. Ditas vacantes adxudicaranse por estrita orde de chegada.

HORARIO DAS DIFERENTES PROBAS E AULAS DE EXAME: SETEMBRO 2005
Preme sobre a lingua correspondente para acceder aos horarios das diferentes probas e aulas dos exames oficiais e libres: INGLES (1º, 2º, 4º), INGLES (Ciclo Elemental/3 oficiais) O calendario xeral ao completo pode consultarse na seccion calendario>exames.

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA 2005/2006
Acceso ao portal web da Xunta onde atoparedes toda a información relativa ao novo proceso de preinscrición, oferta horaria, matrícula e calendario: ADMISIÓN Premede no seguinte atallo para consultar as "Instrucións para o proceso de admisión do alumnado ás Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2005-2006, que modifican a Circular 9/2004": MODIFICACIÓNS á Circular 9/2004

RESULTADOS CICLO SUPERIOR
Premede no seguinte atallo: FRANCÉS (Libres)

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL DE CICLO SUPERIOR/OFICIAIS 5º
Premede nos seguintes atallos: INGLÉS (Convocatoria por tribunais), FRANCÉS (Convocatoria por tribunais: libres)

RESULTADOS CICLO ELEMENTAL
Premede no seguinte atallo: FRANCÉS (Libres)

Calendario de exames de SETEMBRO
Pódese consultar o calendario de exames de setembro no apartado Calendario: exames.

MOI IMPORTANTE : PREISNCRICIÓN PARA O VINDEIRO CURSO
A Consellaría de Educación acaba de notificarnos que para o vindeiro curso TODO O ALUMNADO que queira continuar ou iniciar estudos na EOI terá que facer a súa PREINSCRICIÓN DO 20 AO 30 DE XUÑO. Con posterioridade informaremos do método de preinscrición, adxudicación de prazas e prazos de matrícula, segundo a nova normativa da Consellaría.

CALENDARIO ESCOLAR 2005/2006
ver CALENDARIO

RESULTADOS DA PROBA DE NIVEL
Premede no idioma correspondente para visualizar o documento ALEMÁN, GALEGO, FRANCÉS, PORTUGUÉS, INGLÉS

ATENCIÓN ALUMNADO!
A profesora de INGLÉS Dona Carme López Amiama está de baixa, en principio até o próximo luns día 30 de maio. A proba escrita do módulo 9 de That's English prevista para o martes día 24 de maio mantense no mesmo día e hora. A proba oral do módulo 3 prevista para o xoves 26 de maio trasládase ao luns 30 ás 16.00 horas. Para confirmar a alta da profesora, recoméndase consultar esta páxina web ou consultar telefonicamente o propio luns 30.

EXAMES LIBRES E PROBAS DE NIVEL
EXAMES LIBRES Para máis información véxase exames (no apartado de calendario) e os Proxectos Didácticos de cada Departamento, onde aparecen os contidos de cada ciclo. No caso do Ciclo Elemental pódese consultar premendo no seguinte atallo: Información xeral ao alumnado sobre probas unificadas de ciclo elemental (alumnado libre): estrutura e baremo Na conserxaría do centro tamén están dispoñíbeis folletos informativos sobre contidos, estrutura e bibliografía de cada idioma e ciclo. PROBAS DE NIVEL Este ano, tanto a matrícula como as probas, hanse realizar en maio. Para máis información consulte o apartado Calendario (matrícula e exames) e Matrícula (proba de nivel), ou prema no seguinte atallo: Información xeral ao alumnado sobre probas unificadas de nivel.

PROBAS DE NIVEL: AULAS ONDE SE CELEBRARÁN E RECOMENDACIÓNS
LUNS 23 DE MAIO Galego (09.30 hs.): Aula 3 Inglés (18.15 hs.): AULA 2: de Achirica Prieto a Cerezo Fernández. AULA 6: de Cerneira Feijoo a Fuentes Santos AULA 8: de García Briones a López Altisent AULA 9: de López Caneda a Núñez Martínez. AULA 13: de Ocampo Fontangordo a Rodríguez Molina AULA 14: de Rodríguez Rodríguez a Valiño Alamancos. AULA 10: de Varela Romero a Villaverde Veiras. MARTES 24 DE MAIO Alemán (11.45 hs.): aula 13 Portugués (16.00 hs.): Salón de actos Francés (18.15 hs): aulas 1 e 7 -CÓMPRE CHEGAR Á EOI CUNHA ANTELACIÓN ABONDA PARA PODER ACCEDER ÁS AULAS Á SÚA HORA E CONSULTAR A INFORMACIÓN QUE PRECISE. DE NON SER ASÍ PODE VERSE NA INCONVENIENCIA DE ATOPAR O ACCESO BLOQUEADO. -NOS IDIOMAS CON MÁIS DUNHA AULA ASIGNADA, CONSULTE PREVIAMENTE CAL É A QUE LLE CORRESPONDE A VOSTEDE. ASÍ MESMO, PODE CONSULTAR NESTA PÁXINA WEB A INFORMACIÓN XERAL AO ALUMNADO SOBRE PROBAS UNIFICADAS DE NIVEL (NESTE APARTADO DE NOVAS, MÁIS ABAIXO)

CALENDARIO DEFINITIVO DE EXAMES: XUÑO 2005
Pódese consultar no seguinte atallo: calendario definitivo de exames do mes de xuño

PROBAS DE NIVEL
Este ano, tanto a matrícula como as probas, hanse realizar en maio. Para máis información consulte o apartado Calendario (matrícula e exames) e Matrícula (proba de nivel)

MODIFICACIÓN DOS PROXECTOS DIDÁCTICOS
Os proxectos didácticos dos departamentos de Alemán, Francés, Galego e Inglés xa inclúen os cambios que se realizaron con motivo da unificación das probas libres de Ciclo Elemental. (Consultar seccións "proxecto didáctico" dos departamentos)

AXUDAS CURSOS DE IDIOMAS NOS PAÍSES DE ORIXE
-NOVAS CONVOCATORIAS NO B.O.E.: Cursos de francés en Francia BOE 15/02/2005 Cursos de inglés no Reino Unido e Irlanda BOE 15/02/2005 Cursos de inglés, francés e alemán para alumnado universitario. BOE 15/02/2005 Cursos de lingua inglesa, francesa ou alemana para alumnos de ciclos formativos de grao superior. BOE 15/02/2005 Programa de Inmersión Lingüística BOE 15-02-2005

ASEMBLEA DE DELEGADOS/AS
A próxima reunión da Xunta de Delegados/as terá lugar o martes, día 1 de marzo de 2005, de 17.30 a 18.30 hs, no salón de actos.

FESTAS DO ENTROIDO
Con motivo das Festas do Entroido, non haberá actividades lectivas o luns 7, martes 8 e mércores 9.


 


Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
a distancia
proba de nivel/clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta