Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
oferta educativa     |     monográficos     |     cursos de verán     |     formación do profesorado

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
equipo de normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
histórico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
francés
galego
inglés
portugués
seccións

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

MONOGRÁFICOS: CURSO 2007-2008


Trátase de diversificar a oferta educativa do noso centro, atendendo ás necesidades de colectivos específicos, na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Durante o curso escolar 2007-2008 a EOI de Santiago programou a seguinte oferta de cursos monográficos:

1. INGLÉS AUDIOVISUAL

O Consorcio Audiovisual de Galicia, a CRTVG e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria abren a convocatoria para o Monográfico de Inglés Audiovisual, que se impartirá a partir do mes de febreiro nas EOI de Santiago e Vigo.
MÁIS INFORMACIÓN
PROGRAMA DO CURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
LISTAXE DE ADMITIDOS

2. CURSO DE INGLÉS AVANZADO (Actualización)
2º cuadrimestre. Este curso abrangue un nivel lingüístico Avanzado das Escolas Oficiais de Idiomas, e polo tanto está dirixido principalmente a aqueles estudantes que remataran os seus estudos de inglés nunha EOI e que desexen actualizar e mellorar a súa capacidade nas destrezas comunicativas, especialmente a comprensión e expresión orais. O alumnado deberá acreditar o seu nivel de lingua mediante unha entrevista persoal ou a presentación do certificado de aptitude dunha Escola Oficial de Idiomas.
Os obxectivos xerais correspóndense co nivel B2 do Marco de referencia europeo para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas do Consello de Europa.
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: Dende o 22 até o 25 de xaneiro, ambos incluídos.
PROGRAMA DO CURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

3. CURSO DE INGLÉS COMERCIAL (nivel intermedio)
2º cuadrimestre. Este curso monográfico está dirixido a alumnos con coñecementos previos da lingua inglesa que, por motivos profesionais ou académicos, desexen ampliar a súa formación no eido do inglés comercial e dos negocios.
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: Dende o 22 até o 25 de xaneiro, ambos incluídos.
PROGRAMA DO CURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN


4. LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (curso 2007-08)
No DOG do xoves 7 de febreiro publicouse a convocatoria dos cursos monográficos de lingua administrativa galega, nivel medio.
Duración:75 horas (60 lectivas). Mes de febreiro.
Prezo: gratuíto
Número de prazas: 25
CONVOCATORIA
LISTAXE DE ADMITIDOS

5. CURSO DE PREPARACIÓN DO CELGA 1 (Certificado de Lingua Galega)
Este curso celebrarase durante o segundo cuadrimestre do curso, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística. Pendente de convocatoria no DOG.


 


Valid HTML 4.01!

© Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
     Tel.: 981 55 47 10
Matrícula
oficial
libre
a distancia
proba de nivel/clasificación
taxas
información xeral

Certificados
solicitude
validez

Lexislación e Documentación
galega
estatal
europea

Calendario
matrícula
lectivo
exames

contacta