Durante o curso 2004-2005 comezouse a traballar na biblioteca co
Proxecto Meiga, proxecto gratuíto de informatización e creación
de redes de bibliotecas dirixido polo Centro Superior Bibliográfico de
Galicia. Aínda que se trata dun obxectivo a longo prazo, a meta final
é tratar de catalogar todo o material bibliográfico da EOI de
Santiago para poder facilitar a xestión e o uso da Biblioteca, tanto
a nivel presencial como a través da consulta en rede.
A biblioteca da EOI de Santiago ofrece na actualidade os servizos de:
o empréstito en sala de libros e outros métodos audiovisuais
empréstito a domicilio de libros e outros métodos audiovisuais
o uso de computadora en relación coa aprendizaxe de idiomas
No curso 2009-2010 abriuse o servizo de biblioteca na sección de Ribeira. Grazas á boa disponibilidade e colaboración co equipo de biblioteca do IES, podemos contar con un espazo propio para a EOI, de maneira que o noso alumnado se pode beneficiar do servizo de empréstimo a domicilio. O catálogo da Sección pódese consultar tamén a través da web do proxecto Meiga.
. Ligazón á biblioteca da Sección de Ribeira