información xeral     |     horario     |     normas funcionamento     |     clube de lectura

A Escola
inicio
instalacións
oferta educativa
normalización lingüística
biblioteca
horario
arquivo fotográfico
contacta
eois de Galicia
prog. europeos

Departamentos
alemán
español
francés
galego
inglés
italiano
portugués

Seccións
negreira
noia
ordes
ribeira
sar

Alumnado
asociación de alumnos
xunta de delegados
convocatorias e axudas

BIBLIOTECA: NORMAS DE FUNCIONAMENTO

A biblioteca está pensada para uso da comunidade educativa da EOI. O alumnado deberá ter un carné de usuario/a específico da biblioteca cunha foto identificativa. Este carné deberá ser renovado cada curso escolar presentando un xustificante de matrícula.

A consulta do catálogo faise a través de internet, empregando a web do OPAC Meiga

Non se emprestan dicionarios nin enciclopedias. Estes só están para empréstito en sala.

Empréstanse a domicilio DVD, CD de audio e de música, audiolibros, revistas especiais para aprender idiomas, gramáticas e libros de consulta, libros de lectura adaptada e en versión orixinal. Os libros de texto do ano en vigor e os de lectura obrigatoria só se emprestan a domicilio se hai como mínimo 2 exemplares na biblioteca, de xeito que sempre quede un para consulta na sala.

Os libros que non se poden emprestar a domicilio terán un autocolante vermello e redondo no lombo para distinguilos dos demais.
 

Os usuarios poderá levar ata 3 exemplares á vez durante un máximo de 15 días, renovables por outros 15 se non hai ninguén na listaxe de espera.

Os retrasos na devolución penalizaranse con dias nos que non se poderá levar material emprestado

En caso de perda ou estrago do material da biblioteca, deberase comprar un exemplar novo ou de similares características.

A biblioteca está agora nun proceso de recatalogación coa finalidade de ordenar mellor o material e facelo máis accesible para todos. Por iso se prega que o alumnado non colla o material directamente daqueles estantes expresamente sinalizados.

Os ordenadores con acceso a internet, así como os xornais e revistas de interese xeral están á disposición dos usuarios na sala de lectura.

NORMAS DE USO DOS ORDENADORES:

  • En principio só poderán usar a computadora durante 30 minutos para temas relacionados coa aprendizaxe de idiomas.
  • No caso de que non haxa ninguén esperando, ese tempo poderase prorrogar.
  •  


    Valid HTML 4.01!

    © Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
         Tel.: 981 55 47 10
    Matrícula
    oficial
    libre
    That's English!
    proba de clasificación
    taxas
    información xeral

    Certificados
    solicitude
    validez

    Lexislación e Documentación
    galega
    estatal
    europea

    Calendario
    matrícula
    lectivo
    exames

    contacta