FAITE SOCI@ DA ASOCIACIÓN DE ALUMN@S E ANTIG@S ALUMN@S: ACTIVIDADES 2007 As vantaxes de facerse soci@ da Asociación son:
-Dereito a asistir ás clases complementarias. Poderedes a calquera clase complementaria de todas as linguas impartidas na EOI de acordo co voso nivel.
-Clubes de conversa e de lectura nas diferentes linguas da EOI. Esta actividade contará coa presenza de nativ@s e está destinada a desenvolve-las actitudes orais: conversar sobre diferentes temas, lectura de obras na súa lingua orixinal...
-Realización de "viaxes lingüísticas". Ao longo do ano realizaranse saídas ao estranxeiro para practica-las linguas do noso interese. Tamén, faremo-lo Camiño de Santiago como "peregrinos linguísticos".
-Dereito a participar nas actividades da EOI. Todos os soci@s teñen dereito a participar nas actividades propostas polos diferentes departamentos na EOI, así como, nas da propia Asociación.
-Descontos na matrícula dos cursos de verán da EOI. Haberá un desconto para os soci@s na matrícula dos cursos de verán, así como, noutros cursos que organice a Asociación.
-Outras actividades en estudo (teatro, uso do servizo da biblioteca). Estamos abert@s as túas suxestións.
COMO FACERSE SOCI@, E POR QUE?
As persoas interesadas en farcerse socias da ASOCIACIÓN DE ALUMNOS E ANTIGOS ALUMNOS DA EOI de Santiago de Compostela deben cumprir estes requisitos:
-Estar matriculad@ en algunha EOI.
-Ter estado matriculad@ en algunha EOI (polo menos durante un curso).
Ademais deben cubri-la solicitude de ingreso, paga-la cota (10 euros/ano), e adxuntar unha fotocopia do DNI. DESCARGA A SOLICITUDE DE INGRESO
Que se consigue sendo soci@?
En primeiro lugar, cantos máis soci@s sexamos máis cartos teremos para programar actividades relacionas co acercamento e o perfeccionamento da aprendizaxe das linguas e que polos cauces públicos non son ofertadas. Os soci@s terán descontos nas actividades que haxa que pagar e poderán acceder gratis a aquelas que así o consideren os órganos de dirección da Asociación.